Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Unha longa viaxe / Daniel H. Chambers, Federico Delicado ; tradución, Xosé Ballesteros

por H. Chambers, Daniel [autor/a]; Delicado, Federico [ilustrador/a]; BALLESTEROS, Xosé [tradutor/a].
Tipo: MonografíaSeries: Maremar.Editor: Pontevedra :Kalandraka ,2018 Edición: Primeira edición: setembro, 2018.Descrición: 44 páxinas sen numerar :principalmente ilustracións (cor) ;26cm.ISBN: 9788484644101.Títulos uniformes: Un largo viaje (orixinal).Materia(s): Migrantes -- guerras -- discriminación | Axenda 2030 -- fame cero -- alianzas | Refuxiados -- empatía -- integraciónRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña
Contido:
Nun tempo marcado polo drama dos refuxiados, unha obra oportuna e necesaria para a reflexión, a esperanza e a solidariedade con millóns de persoas que teñen dereito a vivir en paz e en liberdade, nun mundo sen fronteiras.
Resumo: Esta é a historia de dúas viaxes que transcorren paralelamente e se entrelazan nesta obra repleta de sensibilidade e delicadeza: unha gansa e a súa cría emprenden o traxecto migratorio cara ás terras cálidas do sur, mentres que unha familia que habita nun territorio en guerra emprende a fuxida cara ao norte. O relato de ambas aventuras coincide en plasmar o temor dos viaxeiros mozos fronte ao desafío, as inclemencias meteorolóxicas que frean o seu voo e os seus pasos, o encontro con outros grupos nas respectivas rutas de tránsito, a escaseza de alimentos, os depredadores e as mafias, o desánimo que agroma polo cansazo en contraposición á confianza e á esperanza que intentan infundir os adultos. E por fin, o maior reto: atravesar o mar, o punto onde as traxectorias se cruzan, con destino desigual. Nun tempo marcado polo drama dos refuxiados, esta obra oportuna e necesaria de Daniel Hernández Chambers e Federico Delicado alenta a reflexión cunha ollada tenra e dura á vez: tenra por reflectir o lado máis humano dun conflito tamizado pola metáfora das aves; dura pola contundencia dun final que nos sitúa ante a crúa realidade. As ilustracións descritivas e naturalistas -non exentas de coidados elementos simbólicos- reforzan a mensaxe. Son imaxes de gran plasticidade que transmiten emocións: a tristura, a penuria, a extenuación… e malia todo, a loita, a dignidade, os soños… de millóns de persoas que teñen dereito a vivir en paz e libertad
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP dos Muíños
Sala préstamo
N HER lon Dispoñible 1º ciclo | 2º ciclo | 3º ciclo CEC110000011016

Nun tempo marcado polo drama dos refuxiados, unha obra oportuna e necesaria para a reflexión, a esperanza e a solidariedade con millóns de persoas que teñen dereito a vivir en paz e en liberdade, nun mundo sen fronteiras.

Esta é a historia de dúas viaxes que transcorren paralelamente e se entrelazan nesta obra repleta de sensibilidade e delicadeza: unha gansa e a súa cría emprenden o traxecto migratorio cara ás terras cálidas do sur, mentres que unha familia que habita nun territorio en guerra emprende a fuxida cara ao norte. O relato de ambas aventuras coincide en plasmar o temor dos viaxeiros mozos fronte ao desafío, as inclemencias meteorolóxicas que frean o seu voo e os seus pasos, o encontro con outros grupos nas respectivas rutas de tránsito, a escaseza de alimentos, os depredadores e as mafias, o desánimo que agroma polo cansazo en contraposición á confianza e á esperanza que intentan infundir os adultos. E por fin, o maior reto: atravesar o mar, o punto onde as traxectorias se cruzan, con destino desigual. Nun tempo marcado polo drama dos refuxiados, esta obra oportuna e necesaria de Daniel Hernández Chambers e Federico Delicado alenta a reflexión cunha ollada tenra e dura á vez: tenra por reflectir o lado máis humano dun conflito tamizado pola metáfora das aves; dura pola contundencia dun final que nos sitúa ante a crúa realidade.

As ilustracións descritivas e naturalistas -non exentas de coidados elementos simbólicos- reforzan a mensaxe. Son imaxes de gran plasticidade que transmiten emocións: a tristura, a penuria, a extenuación… e malia todo, a loita, a dignidade, os soños… de millóns de persoas que teñen dereito a vivir en paz e libertad

3º-4º Primaria

5º-6º Primaria

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha