Aprende electrónica e robótica educativa / Roberto Montero Miguel
por Montero, Miguel; Montero Miguel, Roberto [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Básicos ciencia.Editor: Vigo : Xerais , 2019 Edición: 1ª ed.Descrición: 159 p. : il., fot. e graf. b/n ; 23 cm.ISBN: 9788491214861.Materia(s): Electrónica | Robótica | Divulgación científica | Electrónica -- Guías | Robots | Robótica | RobóticaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liñaEste rexistro ten moitos ítems físicos (196). Faga clic aquí para velos todos.
1- Introdución á robótica; 2- Primeiros pasos na electrónica; 3- Primeiros pasos na robótica: o cerebro dos nosos circuítos electrónicos; 4- Os meus seguintes pasos. Apéndice 1: material de prácticas de electrónica; Apéndice 2: Instalación e ; configuración do contorno de programación mBlock. Índice alfabético
A era dos robots xa está aquí; son habituais nas nosas vidas, preséntanse en diferentes formas: xoguetes intelixentes, gadgets e wearables, coches autónomos, robots domésticos, brazos robóticos industriais etc. O futuro da educación pasa, inevitablemente, pola robótica.Os robots forman parte do noso presente e formarán parte do futuro, por iso é esencial coñecer como funcionan, de que se compoñen, como se constrúen, e o máis importante, como se programan para dotalos de certa intelixencia. Pensado para mozos e mozas, cun deseño moi gráfico, e estruturado de forma práctica e entretida, convida ao lectorado máis novo á reflexión para dar a solución aos problemas técnicos que se formulan nesta obra. Este libro presenta os conceptos máis básicos do mundo da electrónica, a robótica e a programación con Scratch, cun enfoque máis práctico que teórico, con definicións de conceptos fundamentais reforzadas mediante experiencias prácticas. Trátase de ofrecer unha introdución ao pensamento computacional tan necesario hoxe na era dixital.