Onde van os bebés? / Elzbieta ; tradución, Sandra Hombreiro
por Elzbieta [autor/a]
.
Tipo: 







Este rexistro ten moitos ítems físicos (56). Faga clic aquí para velos todos.
3 anos (1.3.S)
Infantil: 3-6 anos
“Onde van os bebés?” é unha tenra e entrañable reflexión sobre os primeiros anos da nenez dende o punto de vista daqueles xoguetes que nos acompañaron na etapa inicial da vida e do crecemento, compañeiros de xogos... e de soños. Arredados na mocidade e esquecidos na idade adulta, Elzbieta personifica eses osos de peluche, fieles e pacentes amigos, e trasládanos as súas preocupacións e sentimentos: como outros bonecos de trapo, Berto e Poti pregúntanse por que os bebés deixan de estar con eles. E como os contos están cheos de maxia, os lectores asisten a un insólito diálogo, un reencontro que tinxe de nostalxia este libro que reborda inocencia e dozura.
As ilustracións acentúan a tenrura desta historia, con debuxos a base de lapis de cor e acuarela, de tons suaves, sobre un papel de textura vexetal, moi apropiado para crear unha atmosfera cálida e acolledora.
1º-2º Primaria