Vista normal Vista MARC Vista ISBD

María Miramontes e Ánxel Casal / Diego Bará

por Diego Bará [autor/a]; Gregores, Bea [ilustrador/a].
Tipo: MonografíaSeries: Miudiños.Editor: Vigo : Cumio , 2025 Edición: 1ª.Descrición: 32 ; 17x25 : il.cor.ISBN: 9788482897189.Títulos uniformes: María Miramontes e Ánxel Casal.Materia(s): Historia -- Guerra Civil Española -- Represaliados | Galicia -- Historia -- RepresaliadosRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: María e Ánxel quixeron construír un mundo máis xusto. O terror e a violencia máis cruel cortoulles as ás para seguir voando e ter unha vida plena no seu país, ao que tanto amaban e defendían. Chega un novo título da colección MIUDIÑOS, que nos achega, a través de palabras e imaxes, a vida de personaxes senlleiros da nosa cultura. Neste libro, coñeceremos a María Miramontes e Ánxel Casal, dúas figuras fundamentais na loita pola nosa lingua e cultura. A súa historia é un exemplo de paixón, resistencia e amor pola cultura galega, un legado que aínda hoxe seguimos lembrando. María Miramontes naceu en Guísamo, Bergondo, en 1895 e dedicou a súa vida a defender a lingua e a cultura galega. Traballaba como costureira na Coruña, pero a súa verdadeira paixón levouna a unirse ás Irmandades da Fala e a apoiar a editorial Nós, que dirixía o seu marido Ánxel Casal, sendo éste un dos primeiros e máis relevantes editores na época moderna da nosa língua. En 1936, tras o asasinato de Ánxel, María tivo que exiliarse en Bos Aires, pero nunca deixou de loitar por Galicia. Grazas ao seu traballo, o galego seguiu vivo mesmo nos momentos máis difíciles.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP dos Muíños
Sala préstamo
92 BAR mar Dispoñible 3º ciclo CEC110000010849

María e Ánxel quixeron construír un mundo máis xusto. O terror e a violencia máis cruel cortoulles as ás para seguir voando e ter unha vida plena no seu país, ao que tanto amaban e defendían.

Chega un novo título da colección MIUDIÑOS, que nos achega, a través de palabras e imaxes, a vida de personaxes senlleiros da nosa cultura.

Neste libro, coñeceremos a María Miramontes e Ánxel Casal, dúas figuras fundamentais na loita pola nosa lingua e cultura. A súa historia é un exemplo de paixón, resistencia e amor pola cultura galega, un legado que aínda hoxe seguimos lembrando.

María Miramontes naceu en Guísamo, Bergondo, en 1895 e dedicou a súa vida a defender a lingua e a cultura galega. Traballaba como costureira na Coruña, pero a súa verdadeira paixón levouna a unirse ás Irmandades da Fala e a apoiar a editorial Nós, que dirixía o seu marido Ánxel Casal, sendo éste un dos primeiros e máis relevantes editores na época moderna da nosa língua.

En 1936, tras o asasinato de Ánxel, María tivo que exiliarse en Bos Aires, pero nunca deixou de loitar por Galicia. Grazas ao seu traballo, o galego seguiu vivo mesmo nos momentos máis difíciles.

5º-6º Primaria

Coa tecnoloxía Koha